CO2 SMART TECH

CO2 Smart Tech, S.A.

 

Proxecto Cloud Computing aplicado a Xestión Enerxética Integral da Industria 4.0

O proxecto desenvolveuse na planta de CIE Galfor en Ourense e consistiu en implantar unha ferramenta cloud baseada na nosa plataforma desenrolada integramente pola nosa empresa e coñecida como cost-tem, para a integracion en tempo real (latencia inferior a 2 segundos) de información enerxética, de producción e de proceso de fabricación co obxecto de mellorar o proceso de toma de decisions para a optimización enerxética da planta.

A planta adícase a fabricación de compoñentes para o sector de automoción, fundamentalmente cigueñais, producidos en 6 liñas automáticas por estampación en quente de aceiro que en cuestións de poucos segundos é quentado nos fornos de inducción ata os 1200ºC e posteriormente conformado nas prensas de estampación para posteriormente seren enfriados ata a temperatura amibiente. O volume de produccion anual supera os 4.000.000 de uds equivalentes a mais de 90.000 Tn de aceiro para o que é preciso empregar mais de 50.000.000 kwh de enerxía eléctrica.

O número de referencias de fabricación supera as 300 e é necesario configurar cada unha das 6 liñas da forma óptima para cada referencia, para que o consumo enerxético sexa o óptimo e decidir qué referencias son mais aptas para cada liña de fabricación pois todas son distintas.

Con volume de fabricación de pezas de diferentes referencias, diferentes configuración das liñas para cada tipo de peza e as cantidades necesarias de enerxia consumidas, é estratéxico para a CIE Galfor acadar as decisións correctas de fabricación. O proxecto iniciouse en xaneiro do 2016, empezou a etapa de rodaxe a finais de marzo 2016, validpuse en xuño e está a desenrolar un papel imprescindibel nas decisions habendo axudado a conquerir aforros cercanos o 8% nestes primeiros meses. O entorno intuitivo de traballo, os reportes automáticos que xera diariamente e distribue os diferentes roles da planta (xefes de liña, turno e xefe de fabricación; encargados e xefe de mantenemento; responsables de enerxia), a áxil e sinxela visualizacion da información están a demostrar a importancia da dixitalización industrial para a toma de decisions.

Apostouose ademáis poa tecnoloxía cloud en tempo real que permite o acceso a informacion dende calquera lugar en calquera intre o que axiliza e facilita enormemente as tomas de decisions e respostas ante situacions, ademáis de permitir unha velocidade e capacidade moi ampla de tratamento de datos para transformalos en indicadores de xestión inmediatos.

Socials

Leave a Reply

Your email address will not be published.