Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

CNTG

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) organízase como un centro con xestión e dirección pública encadrado na estrutura orgánica da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

O noso obxectivo primordial é contribuír na formación, dende a propia Galicia, dun colectivo profesional dinámico e tecnicamente preparado que saiba dar resposta ás necesidades, retos e proxectos dos diversos sectores do tecido produtivo da nosa comunidade relacionados coas novas tecnoloxías e a sociedade da información.

Partindo da premisa de que o capital intelectual posúe un peso cada vez maior no desenvolvemento da actividade económica, o CNTG orientará a súa actividade cara aos profesionais dos sectores privado e público, ocupados ou en busca de emprego, que demanden formación técnica de alto nivel relacionada co mundo das novas tecnoloxías.

Socials

Leave a Reply

Your email address will not be published.