Cinfo S.L.

Cinfo S.L.

CINFO desenvolveu un sistema de transmisión multicámara por Internet. Permite ó usuario escoller a cámara que desexa durante a transmisión dun evento (partido, concerto, etc) de forma inmediata, sen esperas, e visualizalo en calquer dispositivo.

Para Cinfo supón un salto cualitativo ó poñer no mercado unha tecnoloxía novidosa de amplo percorrido que abre novas posibilidades de negocio noutros mercados e sectores.

Os sistemas de transmisión multicámara anteriormente existentes son moito más limitados: básicamente transmiten cara ó usuario múltiples sinais simultáneos, de xeito que desperdician ancho de banda; e cambiar de cámara principal consiste en interromper a transmisión e iniciar outra nova, coa conseguinte espera.
Grazas á utilización da tecnoloxía patentada Synthetrick, realízase un procesado do sinal que permite tempos de cambio de cámara da orde de milisegundos, con independencia do dispositivo: navegadores web, smartphones iOS ou Android, descodificadores de TV, etc.

A tecnoloxía desenvolvida por Cinfo permite non só crear o producto multicámara senón envolucionalo cara outras derivadas de interese para o mercado: mosaicos, canles promo e sistemas de realización remota. A utilización de vídeo na nube supón un salto adiante de gran relevancia que poderá ser aplicado en operadores de telecomunicacións, canles, productoras de eventos musicais e deportivos, etc.

Socials

Leave a Reply

Your email address will not be published.